a&b comunicación

claudia e bruno.

O seu primeiro nadal, os seus primeiros “patucos”, os seus primeiros sorrisos… El@s son Claudia e Bruno.

Bruno, atento a cámara e con gañas de pousar, Claudia un pouco máis revolucionaria e sempre atenta ao seu irmán, pero ante todo dous bebés preciosos que non soltaron nin unha bágoa! Coa axuda da súa nai e o seu pai, de moitas garatuxas e un montón de agarimos, logramos capturar estas imaxes que esperamos que vos gusten. A nós encantounos a experiencia, descubrir con estes dous grandes modelos o dificil e bonita que é a fotografía de crianzas… todo un reto!

Moitísimas grazas aos papis pola confianza e compartir con nós estes momentos!

Clienta:
Particular
Servizos:
Fotografía

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados