a&b comunicación

guau!

Este vídeo musical é para nós unha mostra de moitas cousas bonitas e importantes: primeiro, os rapaces de Guau!, Dani e Guillermo, que actuaron como verdadeiros profesionais e cos que pasamos uns momentos súper divertidos e súper a gusto; segundo, o temazo Funk Beat & Love, que dende a primeira vez que o escoitamos encauntounos o seu flow e o bo rollo que desprende; terceiro, mostrar a nosa comarca, O Ribeiro, lugar que sabedes que adoramos, e que está cheo de lugares de conto e preciosos para facer un vídeo deste tipo; e cuarto, voltar a contar co noso actor principal Ledo, que unha vez máis deixounos abraiadas co seu comportamento e improvisación ante a cámara.

Mil gracias a Dani e Guillermo por poñerse nas nosas mans, a Rafa Otero por formar parte do equipo, a Manuel Araújo e Festi Arteficial pola loxística e sobre todo ao Ledo, por ser sempre a nosa estrela e compañeiriño de aventuras.
A bailar!!!

Clienta:
GUAU!
Servizos:
Vídeoclip

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados