
ribeiroblues wine festival 2014.
O ano 2014 comezou a andadura do festival Ribeiroblues Wine Festival, unha actividade na que maridar música en directo e viño, no fermoso naútico do concello de Castrelo de Miño.
Deseñamos para eles a identidade do festival: o seu logotipo, a cartelería e toda a imaxe do evento. Tamén cubrimos toda la actividade daqueles fermosos dous días facendo a fotografía e o vídeo.
Cando xuntamos dúas artes tan fermosas como a música e o viño as cousas non poden ir mal. E como non podía ser doutra maneira, a actividade foi todo un éxito. Longa vida o Ribeiroblues Wine Festival!