a&b comunicación

Estudio algodón eventos

Estudio Algodón Eventos é o nome dun estudio de arte cun amplo percorrido e recoñecemento no Ribeiro e en gran parte da Galiza. E detrás de toda esa arte está Rocío, unha profesional e veciña marabillosa.

O estudio está medrando cada vez máis e Rocío propúxose fusionar as dúas liñas de negocio que desenvolve: o estudio de arte e a decoración para eventos. Así que de aí sae “Estudio Algodón Eventos”.

No logo que lle propuxemos apostamos por unha choiva de colorido confeti como nota de cor e que nos levara á idea de eventos. A fonte e o nome teñen moito protagonismo e recorda aos “caderniños Rubio” que empregabamos na escola dándolle un toque divertido ao deseño.

Desexámoslle moitos anos de éxitos á Rocío e agradecémoslle a confianza depositada en nós.

Cliente:
Estudio Algodón Eventos
Servizos:
Deseño de identidade corporativa

© A&B Comunicación. Todos os dereitos reservados