unha vila en corentena
Quen nos ía dicir cando brindamos por un feliz 2020 que o que nos esperaba era unha pandemia a nivel mundial? Puntualicemos, unha pandemia mediática e que mata a persoas brancas e o que nos impacta máis: persoas que coñecemos.
Quen nos ía dicir que nos ían manter na casa case dous meses sen saír?
Nós, ao noso xeito, fixemos un pequeno retrato do que viamos e sentiamos durante ese tempo separadas. E aquí queda. Oxalá non se repita.