Blog : bebé

O noso traballo: fotografía de bebés

O noso traballo: fotografía de bebés

O seu primeiro nadal, os seus primeiros “patucos”, os seus primeiros sorrisos… El@s son Claudia e Bruno e… a que cae a baba con el@s?

Bruno, atento a cámara e con gañas de pousar, Claudia un pouco máis revolucionaria e sempre atenta ao seu irmán, pero ante todo dous bebes preciosos que non soltaron nin unha bágoa! Coa axuda da súa nai e o seu pai, de moitas garatuxas e un montón de agarimos, logramos capturar estas imaxes que esperamos que vos gusten. A nós encantounos a experiencia, descubrir con estes dous grandes modelos o dificil e bonita que é a fotografía de crianzas… todo un reto!

Moitísimas grazas aos papis pola confianza e compartir con nós estes momentos!

Ler máis

Grace Chon: os animais sorrinlle

Grace Chon: os animais sorrinlle

Unha das premisas de moit@s fotógraf@s e vídeo creador@s é evitar traballar con cans e nen@s, e tod@s @s que sodes deste gremio coñecedes xa as dificultades que est@s pequen@s seres conlevan! Pois ben, Grace Chon é unha fotógrafa especialista en facer fotos a mascotas de famos@s (aquí íria o icono “ojiplatico” do whatsapp) e ten un proxecto moi persoal onde fotografía ó seu neno, Jasper, coa súa cadela, Zoey (curmá lonxana do Ledo.) Dous grandes modelos que durante moito tempo levan deleitando a cámara da mama-fotografa

Deixámosvos hoxe algunhas das imaxenes deste proxecto persoal e o enlace á sección da súa web osos da risa, cuxo nome o di todo.

Bo día!

tumblr_n4sx5imfH71tw6rhwo1_r1_1280 tumblr_n94t200Ih41tw6rhwo1_r1_1280 tumblr_n85qh2UWgD1tw6rhwo1_r1_1280 tumblr_n68ocnzb9G1tw6rhwo1_r1_1280 tumblr_n7sg2oag7O1tw6rhwo1_r1_1280 tumblr_n6ywbg4xye1tw6rhwo1_r1_1280 tumblr_n6rn7ggDKs1tw6rhwo1_r1_1280 tumblr_n5bjsh5Tls1tw6rhwo1_r2_1280

 

 

O noso traballo: Claudia

O noso traballo: Claudia

Facer vídeo é un dos nosos traballos favoritos e hoxe temos o pracer de presentarvos o vídeo de Claudia, unha fermosura de nena que chegou á nosa vila fai case 4 mesiños e que cada día está máis e máis guapa (levamos uns días coa montaxe, visionando e volvendo visionar, e séguesenos a caer a baba con ela).

Temos que agradecer aos seus papás por compartir este preciosos momento (vestir á Claudia) connosco. Graciñas Yosu, graciñas Billi! E por suposto gracias á protagonista, Claudia, que se portou xenial durante a gravación e é un solete de nena.

Esperamos que vos guste o noso pequeno vídeo de bebé e se é así e queredes un d@ vos@ pequeñ@ non dubidedes en contactar connosco.

 

Claudia from A&B Comunicación on Vimeo.

Ohhhh…

Ohhhh…

Se nos pediran unha “lista de cousas monas” moit@s de nós coincidiriamos en dicir que no top five se atoparían @s bebés e @s cachorr@s.

Pois esta blogger-mamá norteamericana (chamada Jessica Shyba) reuniu estos dous ingredientes nunha serie de fotografías nas que retrata ó seu bebé e ó seu novo cachorriño. E o resultado non podería ser máis “ooooohhhh…”

Por certo, aproveitamos este post para adicarllo ás nosas amigas Patri e Carla que acaban de ser mamis!

 

Se continúa navegando no noso sitio acepta a política de cookies máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close