Ángela Burón é a autora dun dos nosos últimos descubrimentos no mundo dos blogs.
Quizais, o que primeiro nos chamou a atención foron as súas fotografías (hipnotizan, enganchan, confunden). Pero unha vez que nos puxemos a indagar nas entrañas do blog tamén descubrimos que Ángela Burón escribe, conta historias e comparte ...
O alfabeto canino
Andrei Clompos é un artista rumano que destaca sobre todo polas súas dotes de ilustrador, non deixedes de visitar o seu perfil en Behance ou o seu Facebook.
Pero o que hoxe vos queremos presentar é un proxecto no que une a súa paixón polos cans e pola tipografía. Este artista ...
ABC musical
Como estamos a luns, chove e os días son cada vez máis curtos que vos parece se comezamos a semana con música? Non hai nada que non mellore unha boa canción ou, neste caso, unha boa e orixinal idea.
Priscilla Fois Missk é unha deseñadora gráfica, ilustradora e directora de arte ...
Combophoto
Combophoto é un proxecto de Stephen McMennamy e que cumple os requisitos para encantarnos a A&B: orixinalidade e sinxeleza. Como ben o explica o nome, Combophoto consiste en combinar dúas fotografías para crear un concepto novo. É unha marabilla ver como xoga coas escalas e como, cunha idea tan sinxela ...
Martin Roller, artista e fotógrafo de obxectos
Hoxe querémosvos presentar a Martin Roller, un artista alemán que nos recorda ó fotógrafo español Chema Madoz, do cal nos confesamos fans!
Este artista dá vida coas súas mans a pequenos obxectos cotiás e con eles crea novos obxectos ou situacións extravagantes, coloridas e cunha estética moi coidada. En ocasións estas ...
Xogamos a adiviñar películas?
Se sodes seguidor@s deste blog saberedes de sobra que nos encantan os xogos :)
Pois hoxe traémosvos un relacionado co cine. O director artístico francés Madani Benjellal ven de crear esta serie de carteis de cine eliminando os títulos orixinais das películas que representan. O nome da serie é “Arrête ton ...